Axudas para o ensino e o transporte do Concello de Teo para o curso 2023/2024

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

A partir de mañá, martes 10 de outubro, poderanse solicitar as bolsas de estudo para os gastos de material escolar (poden incluirse como material escolar, instrumentos musicais solicitados polos centros), libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos.

Así mesmo, o alumnado cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de ensino de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.

Os interesados teñen ata o vindeiro 8 de novembro, incluido, para presentar as solicitudes no Rexistro do Concello de Teo ou ben a través da Sede Electrónica do Concello.

 

Arquivos