O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados do seguinte xeito:
No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/25
No caso de presentación a través da sede electrónica do concello: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/25
No caso de presentación a través da sede electrónica: REGAGE últimos catro díxitos do número de rexistro/25
No caso de presentación a través do Rexistro da Xunta de Galicia: RX últimos catro díxitos do número de rexistro/25
Recorde que estas listaxes son provisionais, polo que a adxudicación de praza ou a concesión de posto na listaxe de agarda pode variar respecto da listaxe definitiva.
O carácter provisional destas listaxes outorga a posibilidade de que presente RECLAMACIÓNS cando aprecie incorreccións nalgún dos datos da súa solicitude ou se producira un erro de omisión. Estas reclamacións deberán presentarse no rexistro xeral ou ben na sede electrónica do concello DESDE O 6 ATA O 15 DE MAIO (AMBOS INCLUÍDOS) a través de instancia que se acompañe de xustificación documental suficiente.
Esta administración tamén poderá promover de oficio a emenda de erros que se aprecien durante o período de reclamacións.
Se quere consultar o seu expediente debe dirixirse aos servizos sociais comunitarios de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ao teléfono 881 819 356.
Recoméndaselle a todas aquelas persoas que atopen algunha anotación xunto aos seus datos que lle cause dúbida, que consulten nos servizos sociais comunitarios as causas que a motivan.
Lembre que só unha vez que se publiquen as listaxes definitivas se procederá á apertura do prazo de matrícula para todas aquelas persoas que conseguen praza nalgunha das escolas municipais. Este prazo de matrícula desenvolverase entre o 1 e o 15 de xuño (ambos incluídos).
Attachment | Size |
---|---|
LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2025-2026.pdf | 202.89 KB |
información sobre as listaxes provisionais CURSO 2025-2026.pdf | 138.53 KB |