O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Execución de obras (non suxeitas a licenza)

CP-03 

RÉXIME DE COMUNICACIÓN PREVIA DE XECUCIÓN DE OBRAS NON SUXEITAS A LICENZA 

DESCRICIÓN

Comunicación previa habilitante para a execución dos actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza municipal.

É a solicitude necesaria para a execución de obras de escasa entidade construtiva e sinxeleza técnica que non requiran proxecto de edificación, nin sexa en inmobles non catalogados ou BIC, conforme ao artigo 142 da Lei 2/2016 do solo de Galicia.

SOLICITUDE

Modelo CP-03.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Debe presentarse con 15 días hábiles de antelación á execución da obras.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

A persoa comunicante manifestará baixo a súa responsabilidade que se compromete a non iniciar as obras ata o transcurso de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da presentación da comunicación xunto coa documentación completa, e sempre que nese tempo non se tivera comunicado polo Concello a súa ineficacia.

Transcorrido o prazo de 15 días hábiles desde a súa presentación, a Comunicación Previa achegada cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo ou subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello.

EFECTO DO SILENCIO ADMINISTRATIVO

Non procede.

A QUEN VAI DIRIXIDO

Calquera persoa física ou xurídica que pretenda executar actos de uso do solo ou do subsolo que non estean suxeitos ao réxime da licenza municipal previa, dentro do termo municipal de Teo.

FORMULARIO

https://www.teo.gal/gl/tramites/doc_admin/execucion-de-obras-non-suxeitas-licenza

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA 

  • Modelo específico de solicitude (MODELO CP-03).

  • Documentación necesaria para cada suposto.

  • Xustificante do pagamento da taxa+ ICIO.


 

De non presentar toda a documentación, a comunicación previa será ineficazpolo que non poderán iniciarse as obras.

PAGO DE TAXAS

  • Taxa urbanística (Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de licencias urbanísticas, Publicación definitiva no BOP Nº 300 de 31/12/2004).

  • Imposto de Construción Instalación e Obras (Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto Sobre Construcións, Instalación e Obras, Publicación definitiva BOP Nº 34 de 19/02/2025).

CANLES PRESENTACIÓN

  • ELECTRONICAMENTE

Dende a sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar, de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só é válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude.

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

https://sede.teo.gal/sxc/es

  • PRESENCIALMENTE (só persoas físicas).

Deberá cubrir o formulario web, ou solicitar o impreso nas oficinas de urbanismo, e presentar o impreso de solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento.

Unha vez feito o pago, presente o impreso, xunto coa documentación requirida, no Rexistro do Concello.

Presencial nas oficinas do Concello na Travesía da Ramallosa 38, de 9:00 h a 14:00 h.

DESPOIS DA PRESENTACIÓN

As obras deben finalizarse no prazo comunicado, que non poderá exceder dun ano. Se nada dispón a comunicación previa, o prazo de execución para o inicio e remate das obras non poderán exceder dos tres meses e un ano respectivamente.


 

Transcorridos os prazos máximos indicados na comunicación previa para iniciar ou rematar as obras, incluídas as súas prórrogas respectivas, sen que fosen iniciadas ou finalizadas, a persoa interesada queda inhabilitada para empezalas ou continualas, segundo corresponda.


 

A Administración poderá comprobar o axuste da obra á comunicación presentada.


 

A inexactitude, falsidade ou omisión, da comunicación previa leva a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide a execución da obra, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.