O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícanse as bases reguladoras da convocatoria de subvencións ás entidades de carácter educativo sen ánimo de lucro para actividades realizadas no exercicio 2021. A convocatoria publícase no BOP número 148 do venres 6 de agosto.
Podes consultar aquí as bases completas da convocatoria.
OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas a actividades organizadas ou
promovidas por centros educativos públicos de ensino non universitario e as súas respectivas asociacións de nais e pais,
pola realización de actividades de carácter educativo no ano 2021, con cargo á partida 320/48000 do orzamento de 2021,
por un importe total de 13.000 euros, dos cales corresponden 6.000 euros para os centros educativos e os restantes
7.000 euros para as ANPAS.
Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación da formación educativa do alumnado
dos centros educativos públicos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do noso concello.
BENEFICIARIOS/AS
Os centros públicos de ensino non universitario e asociacións de pais e nais, sen ánimo de lucro, con domicilio social
no Concello de Teo e inscritas no Censo de Asociacións do Concello de Teo.
Non poderán ter a condición de beneficiarios aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias
enumeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade:
a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades por parte dos suxeitos mencionados no
artigo 2º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparacións menores, que non teñan o
carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2021.
b) Gastos ocasionados pola organización de actividades durante o ano 2021 dentro do territorio municipal ou fora do
concello no caso de saídas de carácter didáctico.
c) Gastos ocasionados pola compra de material necesario para adaptarse ás medidas de seguridade e hixiene derivadas
pola situación creada pola COVID-19.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse PREFERIBLEMENTE POLA SEDE ELECTRÓNICA do Concello de Teo ( https://sede.teo.gal )
ou no modelo normalizado ( Anexo I ) que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello, entre o 1 e o 30 de setembro de 2021
( ambos incluídos).
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Bases subvencións Educación.pdf | 191.3 KB |
ANEXOS BASES EDUCACION 2021.doc | 298.5 KB |