O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Convocatoria bases subvencións Benestar 2021

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE BENESTAR REALIZADAS DURANTE O ANO 2021

Publícanse as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para actividades de Benestar realizadas no exercicio 2021. A convocatoria publícase no BOP número 148 do venres 6 de agosto. 

Podes consultar aquí as bases completas da convocatoria. 

1ª.-OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas a actividades do ámbito de
organizadas ou promovidas por asociacións do concello de Teo durante ano 2021, con cargo á partida 230/480.00 do
Orzamento de 2021, por un importe total de 7.500 euros.
Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación da inclusión social de persoas e
colectivos, así como o fomento de actividades que melloren o benestar social e comunitario de todos os veciños e veciñas
do concello de Teo.


2ª.-BENEFICIARIOS/AS
Serán beneficiarias ás asociacións con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo para o desenvolvemento
de actividades e programas de interese xeral.
Terán a consideración de actividades ou programas de interese xeral, para os efectos da presente convocatoria, aqueles
que fomenten o benestar comunitario e social, con especial atención ás que se dirixan a colectivos con dificultades de
inclusión social. So serán subvencionables as recollidas na base terceira, deste documento.
As entidades terán que cumprir as seguintes condicións:
1) Poderán concorrer a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións que cumpran os requisitos e as finalidades
desta convocatoria e que fomenten o benestar social, con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo.
2) Para ser beneficiarias das axudas as entidades veciñais deberán cumprir os seguintes requisitos:
• Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Teo.
• Ter os seus estatutos adaptados á Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
• Non estar incursas as entidades ou as persoas que posúen a súa representación legal nalgún dos supostos de
prohibición para obter a condición de beneficiarios de subvencións por incapacidade ou incompatibilidade, establecidas no
artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
• Estar ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social e coa Administración Tributaria(estatal , autonomica e
local), e non ser debedor do Concello de Teo por calquera tipo de débeda de dereito público vencida, líquida e esixible por
vía de prema.
• Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas e percibidas con anterioridade
dende o Concello de Teo, así como non ter aberto ningún procedemento de reintegro das cantidades percibidas por algunha
das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
• Achegar coa solicitude para concorrer na convocatoria a documentación que se detalla nestas bases reguladoras.
3) Os beneficiarios das axudas adquiren as seguintes obrigas:
• Realizar as actividades ou proxectos e cumprir os fins ou propósitos que fundamentan a concesión da subvención, e
acreditar mediante a memoria correspondente a súa realización.
• Comunicar o inicio ou celebración das actividades subvencionadas con anterioridade a súa celebración, así como
calquera cambio que se faga en actividades subvencionadas en canto a horario, frecuencia, ou outra alteración substancial
da mesma.
• Facer constar en toda a publicidade e difusión das actividades e programas subvencionados a colaboración do
Concello de Teo.
• Cumprir as condicións que se determinan nestas bases e na concesión da subvención ou axuda.
• Someterse ás actuacións de comprobación dos servizos correspondentes por razón da materia e ás de control
financeiro que correspondan á Intervención Xeral do Concello de Teo.
• Comunicarlle ó Concello de Teo a obtención de axudas ou subvencións para a mesma finalidade procedentes de
calquera outra Administración pública ou de particulares ou entidades privadas, así como doutros ingresos ou recursos que
financien a actividade.
Non poderán ter a condición de beneficiarios aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias
enumeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.
As entidades interesadas poderán relacionarse co concello a través do rexistro electrónico municipal.


3ª.-ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Serán subvencionables as seguintes actividades realizadas dentro do territorio do concello de Teo no ano 2019:
• De tipo físico: ximnasia, ioga, pilates, aerobic, etc.
• De ocio e tempo de lecer que promovan espazos de convivencia e encontro a través de obradoiros de traballos
manuais, restauración, música, lectura, danza, risoterapia, etc.
• De tipo formativo e informativo á colectividade: obradoiros de xogos tradicionais, conferencias, coloquios, etc.
· De actividades de interese patrimonial, medio ambiental ou de rutas.
· Celebracións tradicionais como magostos, cacharelas, entroido, etc. Estas actividades dederán ser en aberto, e
incluiranse na memoria os ingresos pola venda de productos
En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:
• As viaxes e os gastos de comidas ou restauración.
· Premios de concursos, nin de sorteos.
· Os establecidos no artigo 31.7 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.


4ª.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1) A solicitude normalizada da convocatoria (Anexo I) xunto coa documentación que se recolle na base anterior deberán
presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Teo, que irá acompañada dos seguintes documentos:
a) Documento asinado polo/a representante da entidade facendo constar as actividades programadas e as prazas para
cada unha. (AnexoII)
b) Copia cotexada do CIF, so necesaria no caso de non estar depositada no concello.
e) Certificación bancaria da conta onde se efectuarán os pagamentos. No caso de non tela depositado con anterioridade
ou de ter cambiado.
f) Declaración xurada conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción
de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003. Esta declaración esta incluída no anexo I.
g) Certificacións de estar ao corrente no cumprimento das obrigas de carácter tributario, da Seguridade Social e dos
tributos municipais, autonomicos e estatais. Conforme co artigo 24.4 do R.d. 887/2006, do Regulamento da Lei 38/2003,
xeral de subvencións, a presentación da declaración responsable substituirá a estas certificacións naquelas subvencións
nas que a contía a solicitar pola entidade beneficiaria non supere na convocatoria o importe de 3.000 €.
No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de 10 días para a súa corrección, arquivándose
sen máis trámites de non se emendaren os defectos en dito prazo.
2) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación
da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
A convocatoria de subvencións farase pública no taboleiro de edictos do Concello.


5ª.-IMPORTES MÁXIMOS DAS SUBVENCIÓNS
En ningún caso o importe máximo da subvención de cada solicitante superará o 60% do orzamento da entidade ou
asociación para as actividades obxecto da solicitude. Cada entidade indicara o importe máximo que poderá xustificar para
esta subvención, non podendo concederlle un importe superior.
O importe da axuda ou subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que illada ou en concorrencia con outras
axudas ou subvencións supere o custo da actividade subvencionada.
A concesión da subvención non xerará ningún dereito á súa percepción en futuras convocatorias.
Ningunha entidade poderá obter unha subvención superior ao 25 % da contía global.


6ª.-ÓRGANO COMPETENTE E PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
As solicitudes dirixiranse á Concelleiro delegado de Benestar nos prazos indicados nas presentes Bases. Os servizos
sociais comunitarios serán o órgano competente para a instrución do procedemento, así como para a realización de cantas
actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que debe
pronunciarse a resolución.
As valoracións das solicitudes e a formulación das correspondentes propostas de concesión de subvencións realizaraas
unha Comisión de Valoración constituída para o efecto, que terá a seguinte composición:
• Presidente: A concelleiro da área de Benestar
1. Un/unha técnico/a da área de Benestar.
2. Concelleira de Igualdade
A comisión será o encargada de requirir dos solicitantes a emenda de deficiencias nas solicitudes presentadas. Ademais
elaborará un informe de cada unha das solicitudes presentadas no que se fará constar:
— Nome da entidade e contía máxima da subvención á que opta.
— Se está ou non completa a documentación do expediente, con expresión da data da finalización do prazo de presentación,
no seu caso
— Se cumpre os requisitos da convocatoria, con indicación expresa dos que non cumpra de ser o caso.
Esta Comisión elevará unha proposta de concesión á Xunta de Goberno Local previo informe da Intervención municipal.
A Xunta de Goberno Local será o órgano competente para a adopción do acordo de concesión de subvencións. Este acordo
esgotará a vía administrativa.