O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

FESTIVAL DA MAXIA: "LABIRINTO DE ILUSIÓNS" , DO MAGO ROMÁN

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal de Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
150
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Este mes, o noso concello énchese de ilusión, fantasía e artes escénicas coa chegada dunha nova edición do Festival da Maxia. Durante as vindeiras semanas, os nosos escenarios transformaranse nun punto de encontro onde o imposible se fai realidade e o teatro convértese na mellor escusa para compartir emocións en familia.

A programación contará con tres grandes citas co ilusionismo pensadas para todos os públicos. O telón levantarase por todo o alto o sábado 5 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Teo co espectáculo inaugural «Labirinto de ilusións»,a cargo do Mago Román, unha proposta fascinante que marcará o inicio deste ciclo onde a maxia, o humor e a creatividade teatral serán os grandes protagonistas. Dende a concellería de Cultura convidamos a toda a veciñanza a deixarse sorprender, a recuperar a capacidade de abraio e a desfrutar da cultura preto da casa.

Benvidas e benvidos ao mes máis máxico do ano!

Reserva a tua praza neste mesmo espazo.

Inscribirse
labirinto

Outros eventos por vir