O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Quen queira achegarse a este concello da comarca de Santiago pode facelo por estrada, a través de dúas vías. Por un lado temos a N-550 que une A Coruña e Tui e pasa polo noroeste do concello, establecendo comunicación entre Santiago e Padrón. Tamén podemos achegarnos a Teo a través da AC-841, que une Santiago e A Estrada e cruza o concello de norte a sur. Teo tamén o cruza a autopista A-9, que une as cidades da Coruña e Vigo.
A autoestrada AG-56, alternativa á AC-841, une Santiago-A Ramallosa.
Até Teo podemos chegar tamén en transporte público, utilizando a liña de autobús que une Santiago-Milladoiro-Solláns-Luou e Casal de Reis.
O aeroporto máis próximo é o de Lavacolla, en Santiago de Compostela, que se sitúa a uns 24 km da capital municipal.
Por Teo pasa tamén a liña de tren que une A Coruña e Vigo e que antigamente contaba cunha parada na estación de Osebe, hoxe xa en desuso.