O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Axuda no Fogar

O coñecido polo acrónimo SAF é un dos programas básicos dos Servizos Sociais Comunitarios que xestiona o Concello. Trátase dun servizo de proximidade, é dicir que procura a atención no contorno habitual da persoa, e que trata de apoiar e suplir en certa medida a falta de autonomía dunha persoa e/ou reforza a atención que a familia lle vén prestando dunha forma máis extensa.

A súa demanda é crecente, polo que o Concello de Teo, coa colaboración da Deputación Provincial e da Xunta de Galicia que participan do seu financiamento, ten ido incrementando a súa capacidade de atención á poboación.

O SAF ten dúas modalidades de acceso e atención:

- Acceso directo: neste ámbito son atendidas aqueles casos que pertencen ao Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia e que son incorporados ao servizo de acordo co recoñecemento do dereito efectuado polo departamento autonómico competente en materia de servizos sociais. Esta vía de acceso considérase prioritaria.

O financiamento da Xunta de Galicia está destinado a esta modalidade.

- Acceso libre: os servizos prestados dende esta modalidade atenden situacións de persoas que, non tendo posibilidade de acceso a través da modalidade de acceso directo, pertencen a algún dos colectivos nos que tecnicamente se estableza a necesidade das atencións prestadas: persoas con limitacións da autonomía e sen apoios suficientes na contorna, unidades familiares que presenten carencias para atender correctamente as necesidades dos seus membros dependentes ou que se atopen nunha situación de desestruturación familiar.

O financiamento da Deputación Provincial da Coruña está destinado a esta modalidade.

Os servizos sociais municipais son os encargados de xestionar o acceso a este servizo.

Normativa local específica:

Servizo de Axuda no Fogar:  Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Teo (BOP nº. 166, do 2 de setembro de 2013) e Ordenanza fiscal reguladora da taxa por Servizo de Axuda no Fogar (BOP nº. 164, do 29 de agosto de 2014).

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/09/02/2013_0000010663.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/08/29/2014_0000009097.pdf

logo              logo xunta

manos

Contacto

servizossociais@teo.gal
981809707

Ubicación

Rúa da Lagoa 2, Lucí. 15883 Teo
Lucí