O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE TEO
A finalidade do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Teo é a de levar a cabo accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego, articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia –SPEG-.
Inclúese dentro da rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no SPEG, dependente da Consellaría de Economía, Emprego e Industria autonómica.
Principais accións do Servizo:
Entrevistas personalizadas:
O Servizo conta cunha axenda diaria de demandantes de emprego que son convocados a través de carta dende o Servizo Público de Emprego de Galicia que é o que dispón da base de datos de todos os demandantes inscritos neste.
O obxectivo desta cita é manter unha entrevista personalizada na que se tenta asesorar e orientar a todas as persoas que demandan un posto de traballo, de xeito que o seu proceso de busca de emprego sexa máis efectivo e rigoroso, e poida permitirlle achegarse con confianza ó mundo laboral.
En xeral, a través deste sistema, preténdese convocar a todos/as os/as demandantes inscritos no SPEG, pero estes tamén poden solicitar esa cita a través da Oficina Virtual de Emprego (http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/oficinaVirtual/axudaPrevia/) ou de forma presencial na súa Oficina de Emprego (Rúa do Coto 19, CP: 15704. Santiago de Compostela). O procedemento de solicitude é o mesmo que para calquera outro servizo incluído na carteira de Servizos do SPEG. (http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/oficinaVirtual/cartaServicios/cidadan_servizosListaxe/ServizosListaxe.html)
Accións grupais:
O Servizo organízaas tendo en conta as necesidades e os intereses dos/as demandantes de emprego entrevistados. Trátase de accións que tentan traballar as competencias e habilidades dos/as integrantes dos grupos, así como achegarlles información de interese. As últimas sesións celebradas trataron temas de autoemprego; economía social; felicidade laboral e busca de emprego.
Servizo de Orientación Laboral
Concello de Teo
Travesía da Ramallosa 40
15883 Teo
Tfno.: 981 815 700. Ext.: 207
orientacionlaboral.concellodeteo@teo.gal