O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As Escolas Infantís Municipais de Calo, A Ramallosa e Os Tilos son o recurso principal para que as familias poidan conciliar a vida laboral e familiar. Atenden a nenos e nenas dende os 0 aos 3 anos.
Este servizo é de xestión directa polo Concello dende setembro do 2018.
A localización dos centros é a seguinte:
Escola Infantil Municipal dos Tilos
Escola Infantil Municipal de Calo
Escola Infantil Municipal da Ramallosa
As escolas infantís municipais de Teo están abertas entre as 7.30 h e as 20.30 h de luns a venres todos os días lectivos do ano.
O proceso de admisión nas EIMs comeza en marzo: do 1 ao 15 de marzo preséntanse as solicitudes de reserva de praza e do 16 ao 31 as novas solicitudes de ingreso.
A mediados do mes de marzo faise unha reunión con todas as persoas interesadas en solicitar as prazas para explicar o contido e datas do procedemento de admisión.
Durante o estado de alarma pola crise sanitaria da Covid-19 o persoal das escolas infantís mantivo o contacto co alumnado a través das redes, usando sobre todo vídeos con actividades pensadas para a cativada da casa. Podes ver o traballo do persoal dos centros premendo aquí
As listaxes de solicitudes admitidas publícanse en maio e a matrícula é do 1 ao 15 de xuño.
Normativa municipal:
As escolas infantís municipais reciben financiamento da Xunta de Galicia para contribuír aos seus gastos e á gratuidade da atención educativa das segundas fillas e fillos.
Attachment | Size |
---|---|
SOLICITUDE DE NOVO INGRESO.pdf | 114.77 KB |
MODIFICACION REGULAMENTO EIM 2021.pdf | 128.84 KB |
ORDENANZA PREZO EEIIMM 2021.pdf | 107.63 KB |