O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Escolas infantís municipais

As Escolas Infantís Municipais de Calo, A Ramallosa e Os Tilos son o recurso principal para que as familias poidan conciliar a vida laboral e familiar. Atenden a nenos e nenas dende os 0 aos 3 anos.

Este servizo é de xestión directa polo Concello dende setembro do 2018.

A localización dos centros é a seguinte:

Escola Infantil Municipal dos Tilos

Escola Infantil Municipal de Calo

Escola Infantil Municipal da Ramallosa 

As escolas infantís municipais de Teo están abertas entre as 7.30 h e as 20.30 h de luns a venres todos os días lectivos do ano. Se ben, poden realizarse adaptacións deste horario no caso de baixa demanda de atención.

O proceso de admisión nas escolas infantís municipais comeza en marzo: do 1 ao 15 de marzo preséntanse as solicitudes de reserva de praza e do 16 ao 31 as novas solicitudes de ingreso.

As listaxes de solicitudes admitidas publícanse en maio e a matrícula é do 1 ao 15 de xuño.

Normativa municipal:

As Escolas Infantís Municipais reciben financiamento da Xunta de Galicia para contribuír aos seus gastos e facer posible a gratuidade da atención educativa.

Escolas infantís municipais

Contacto

eimteo@teo.gal
881819356

Ubicación

Centro Sociocultural da Ramallosa, Rúa da Lagoa, número 2. 15883. Lucí. Teo
Lucí

Arquivos descargables