O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Volven as actividades culturais e deportivas a Teo! O prazo de inscrición comezará o venres, 28 de agosto, e estenderase ata o vindeiro 8 de setembro no Rexistro Xeral do concello ou na sede electrónica en teo.gal. Ao igual que en anos anteriores, terán preferencia as persoas empadroadas no concello.
Poderanse consultar as listaxes provisionais a partir do 11 de setembro en www.teo.gal ou nos departamentos de Cultura ou Deportes; así como nas redes sociais do concello. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 11).
Pagamento
Cada actividade está programada en tres cursos:
1º curso – de outubro a decembro (20 euros)
2º curso – de xaneiro a marzo (20 euros)
3º curso – de abril a maio/xuño (20 euros)
Para manter a praza todo o curso hai que facer o pagamento completo (60 euros). Se por algún motivo a persoa participante ten que deixar de asistir, poderase solicitar a devolución do segundo e terceiro curso, sempre e cando se faga a solicitude de devolución antes do comezo das clases (segundo curso: 1 de xaneiro, terceiro curso: 1 de abril). En calquera caso, é obrigatorio ter feito o pagamento para poder iniciar o curso.
No caso de non facer o pagamento do curso completo deberá facerse unha nova inscrición (non se garda a praza) e o pagamento de cada curso (20 euros) nas seguintes datas:
1º curso (ou curso completo): do 11 ao 23 de setembro.
2º curso: primeira quincena de decembro.
3º curso: primeira quincena de marzo.
Na ficha de inscrición -que se subirá á web o venres 28 de agosto- xa se marca a opción elixida (curso completo ou fraccionado). Para facer o dito pago recibirase por correo electrónico (o que se facilita na propia ficha de inscrición) o documento e as instrucións de pagamento.
Poden consultar as exencións e bonificacións no BOP núm.195 do 13/10/2011 e no BOP núm.12 do 20/01/2020; así como nos departamentos correspondentes. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.
Duración do curso
Coma todos os anos, haberá actividades para persoas adultas e para a rapazada. O curso das actividades culturais comezará o 1 de outubro ata o 31 de maio, mentres que as actividades deportivas comezarán o 5 de outubro e rematará o 12 de xuño.
En ambos casos, non haberá actividades durante as vacacións escolares, tal e como se vén facendo nos últimos anos.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| ESCOLAS DEPORTIVAS.pdf | 436.16 KB |
| ESCOLAS CULTURAIS.pdf | 470.19 KB |