O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Atención temperá

Teo pon en funcionamento no ano 2018 o servizo de atención temperá. En 2021, tras a sinatura do correspondente convenio de colaboración entre os Concellos de Teo e Ames bota a andar o SAT conxunto para atención á poboación destes dous municipios. A xestión compartida permite dar un salto de calidade no que respecta ao horario de apertura e ás instalacións nas que se desenvolve a atención.

O SAT está dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e ten por obxectivo darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

O equipo profesional responsable, está conformado por dous psicólogos, dúas logopedas e unha terapeuta ocupacional, con capacitación específica para a atención ás necesidades deste grupo poboacional. O SAT constitúe unha extensión das atencións prestadas polos servizos sociais municipais, se ben o acceso a este require a prescrición da atención polos servizos de pediatría comunitaria ou hospitalaria. O equipo do servizo está a disposición de particulares, entidades e profesionais para a orientación ante calquera necesidade de información sobre as súas opcións de intervención.

Tamén é posible acceder a información máis completa sobre o SAT contactando cos servizos sociais comunitarios.

Horario do SAT:

Luns a xoves: de 8:00 a 19:00 horas

Venres: de 8:00 a 14:30 horas

 

 

                                                     

 

 

atención temperá

Contacto

atenciontempera@teo.gal
881 023 475//604 014 894

Ubicación

Travesía das Galanas, 67, 1º andar. Calo. 15866 Teo
Calo

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Folleto SAT Teo e Ames.pdf 2.71 MB