O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Punto Limpo do concello de Teo atópase situado na paraxe coñecida como A Lagoa, entre as parroquias de Luou e Recesende. A mellor forma de chegar ata alí é a través da estrada A Ramallosa-Luou (CP-0205), collendo un desvío ben sinalizado antes da ponte do Aido e do cemiterio alí situado.
O Punto Limpo é un servizo gratuíto para os veciños e veciñas de Teo no que poden depositarse todo tipo de residuos excepto os residuos industriais e os residuos infecciosos ou radioactivos. Así, está especificamente deseñado para a recollida de:
Papel, vidro e cartón
Envases de plástico, briks e latas
Electrodomésticos
Materiais téxtiles, colchóns, sofás e voluminosos
Escombros de pequenas obras
Aceites usados, pilas e baterías
Disolventes, pinturas e vernices
Residuos vexetais
HORARIO DE SERVIZO:
De martes a venres: de 10:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Sábados: de 10:00a 13:00 h e de 16:00 a 19:00 h
Luns, domingos e festivos está pechado
Contacto: 687 825 130
O Concello conta tamén con minipuntos limpos, situados en enclaves urbanos, que permiten o depósito de pequenos obxectos: pilas (convencionais, alcalinas, petaca, botón) e baterías de móbil, teléfonos móbiles, CD / DVD, cartuchos de impresora de inxección, lámpadas de baixo consumo e lámpadas convencionais e halóxenas.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
RECOLLIDA DE RESTOS VEXETAIS PORTA A PORTA_con correccións.pdf | 10.83 KB |