O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O CIM é un recurso municipal de carácter permanente desde o cal se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.
O CIM poderá prestar atención e asesoramento a aquelas mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva, formando parte dun grupo ou asociación de mulleres, así como a calquera persoa, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.
Terán carácter prioritario dentro da acción do CIM as actividades de prevención, información, asesoramento e loita en xeral contra a violencia de xénero, así como a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Ademais, a atención poderase estender ás fillas e fillos e ás persoas menores ou maiores dependentes delas coa intención de reducir o impacto negativo que a situación de violencia produce nestas persoas. Tamén será prioritaria a atención a mulleres pertencentes a outros colectivos en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social. Así mesmo, os CIM tamén poderán prestar información e asesoramento na súa área de influencia ao colectivo de persoas lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (en diante colectivo LGTBI), tanto individualmente como ás asociacións e federacións que o demanden.
Dentro das actividades levadas a cabo dende o CIM podemos destacar:
Asesoramento xurídico e atención psicolóxica
Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e, de ser o caso, ás fillas, fillos e persoas menores ao cargo da muller vítima, ou maiores dependentes.
Atención específica a mulleres en situación de especial vulnerabilidade co obxectivo de mellorar a súa situación persoal, social ou laboral.
Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial e, se é o caso, área de influencia.
Difusión e sensibilización cidadán a cerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes e da necesidade da consecución de igualdade de dereitos e de integración social do colectivo LGTBI.
Funcionamento como canle de comunicación entre as persoas usuarias e os distintos organismos que teñan competencias en materia de muller e igualdade e atención e integración do colectivo LGTBI.
Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade, tanto no relacionado co xénero como coa temática da diversidade sexual.
Calquera outra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade, sobre todo nos ámbitos laboral e social.
O horario do centro é de luns a venres de 8:00 a 15:00 , atención psicolóxica todos os días e a atención xurídica de luns a mércores con cita previa.
PLANS DE IGUALDADE PREVIOS
Estase a elaborar o V plan de igualdade do concello de Teo e que necesitamos a colaboración da ciudadanía. Para elo, deben de acceder ao seguinte enlace, que xa está operativo para cumprimentar. Teñen de prazo ata o vindeiro venres día 4.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
IV PIOM_TEO.pdf | 1.25 MB |
decalogo_pola_igualdade_lgbti_deportes.pdf | 2.18 MB |
decalogo pola igualdade LGBTI educacion.pdf | 1.41 MB |
decalogo pola igualdade LGBTI familias.pdf | 1.43 MB |
Final_Plan_Igualdade_Persoal_Concello_Teo.pdf | 1.78 MB |