O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
USO DOS PAVILLÓNS DEPORTIVOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TEO
O Departamento de Deportes do Concello de Teo persegue, mediante a xestión dos pavillóns deportivos municipais, un uso racional e ordenado dos mesmos garantindo á cidadanía o seu uso en condicións de igualdade.
Así mesmo, este Departamento persegue coordinar as actividades deportivas que se realizan nas súas instalacións, tanto sexan promovidas pola institución municipal, polas entidades deportivas ou por particulares.
Para levar a cabo a xestión dos pavillóns o Concello dispón dun regulamento de uso das instalacións. Para realizar unha solicitude debe entregarse no Rexistro de Entrada do Concello. Unha vez aprobada esta e autorizado o uso da instalación deberase pagar a taxa correspondente segundo a ordenanza vixente, mediante este formulario de pago e entregar copia do mesmo no Departamento de Deportes do Concello ou envialo por email a deportes@teo.gal.
O Concello de Teo conta coas seguintes instalacións deportivas:
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude Pavillóns.pdf | 217.74 KB |
follaautoliquidacioninstalacionsmunicipais.pdf | 30.71 KB |
ordenanza fical reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas municipais.pdf | 64.92 KB |
Regulamento Utilización Pavillonsmunicipais.pdf | 55.9 KB |