O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Xestións do Servizo de Deportes do Concello de Teo:
Actividades deportivas para persoas adultas e para nenos/as co obxectivo de fomentar a práctica deportiva como un hábito de vida saudable en todas as franxas de idades.
Nas escolas deportivas para nenos e nenas hai unha ampla e variada oferta: multideporte (baloncesto, volei e bádminton), kickboxing, natación, patinaxe artística, tenis, tiro con arco e xadrez.
As actividades para persoas adultas son: ximnasia, ximnasia con ritmo, defensa persoal, kickboxing, ioga, tenis e tiro con arco.
A duración do curso é de principio do mes de outubro a principio de xuño (mantendo os períodos vacacionais de Educación). A inscrición en todas estas actividades deportivas lévase a cabo dende o 28 de agosto ata o 8 de setembro e o custo é de 60 euros anuais (podéndose fraccionar en tres pagos).
Actividades puntuais de verán: consultar no departamento de deportes do concello.
Instalacións deportivas que hai no territorio municipal: campos de fútbol, pavillóns polideportivos, piscina cuberta, piscinas descubertas, pistas polideportivas descubertas...
Xestión e colaboración con actividades puntuais: carreira pedestre Batalla de Cacheiras, torneo de tiro con arco, rutas de sendeirismo, campañas deportivas doutros organismos (Deputación da Coruña e Xunta de Galicia) e outros campionatos organizados polas entidades deportivas locais.
Censo municipal de entidades deportivas.
Subvencións a entidades deportivas e deportistas federados.
A Deputación da Coruña subvenciona a praza de técnica deportiva municipal.
