O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Xestións do Servizo de Deportes do Concello de Teo:
Nas escolas deportivas para nenos e nenas hai unha ampla e variada oferta: baloncesto, billar, defensa persoal, hóckey, judo, karate, kickboxing, natación, pádel, patinaxe artística, rugby e fútbol americano, skate, taekwondo, tenis, tiro con arco e xadrez.
As actividades para persoas adultas son: aeróbic, ximnasia, billar, defensa persoal, kickboxing, taichi, tenis e tiro con arco.
A duración é durante todo o curso escolar (mantendo os períodos vacacionais de Educación). A inscrición en todas estas actividades deportivas lévase a cabo na primeira quincena de setembro e o custo é de 60 euros anuais (podéndose fraccionar en tres pagos).
A Deputación da Coruña subvenciona a praza de técnica deportiva municipal.
