O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Volven as actividades deportivas a Teo para o curso 2026-2027!!!! O prazo de inscrición comezará este venres, 28 de agosto, e estenderase ata o vindeiro 8 de setembro no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica en teo.gal. Ao igual que en anos anteriores, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello.
Poderanse consultar as listaxes provisionais a partir do 11 de setembro en www.teo.gal ou no departamento de Deportes. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 11).
Pagamento
Cada actividade está programada en tres cursos:
1º curso – de outubro a decembro (20 euros)
2º curso – de xaneiro a marzo (20 euros)
3º curso – de abril a xuño (20 euros)
Para manter a praza todo o curso hai que facer o pagamento completo (60 euros). Se por algún motivo a persoa participante ten que deixar de asistir, poderase solicitar a devolución do segundo e terceiro curso, sempre e cando se faga a solicitude de devolución antes do comezo das clases (segundo curso: 1 de xaneiro, terceiro curso: 1 de abril).
Poderase facer a inscrición e o pagamento por cursos (non se garda a praza) nas seguintes datas:
1º curso (ou curso completo): do 12 ao 23 de setembro.
2º curso: primeira quincena de decembro.
3º curso: primeira quincena de marzo.
En calquera caso, é obrigatorio ter feito o pagamento para poder iniciar o curso.
Na ficha de inscrición -que se subirá á web o 28 de agosto- xa se marca a opción elixida (curso completo ou fraccionado). Para facer o dito pago recibirase por correo electrónico (o que se facilita na propia ficha de inscrición) o documento e as instrucións de pagamento.
Poden consultar as exencións e bonificacións no BOP núm.195 do 13/10/2011 e no BOP núm.12 do 20/01/2020; así como nos departamentos correspondentes. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.
Duración do curso
Coma todos os anos, haberá actividades para persoas adultas e para a rapazada. O curso das actividades deportivas comezará o 5 de outubro e rematará o 12 de xuño.
Non haberá actividades durante as vacacións escolares, tal e como se vén facendo nos últimos anos.
A Deputación da Coruña subvenciona a praza de técnica deportiva municipal.

| Attachment | Size |
|---|---|
| ESCOLAS DEPORTIVAS_0.pdf | 436.16 KB |
| 2026.2027 FICHA INSCRICIÓN ADULTOS.pdf | 610.51 KB |
| 2026.2027 FICHA INSCRICIÓN rapaces.pdf | 592.63 KB |