O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local creouse no Concello de Teo a través dos programas de cooperación da Consellaría de Familia e Promoción de emprego, Muller e Xuventude no ano 1999. Desde esa data puxéronse en marcha unha serie de proxectos e programas relacionados coa creación de emprego, desenvolvemento local, incremento da actividade empresarial e implantación das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia.
A Axencia promove o desenvolvemento económico, baseándose nos recursos endóxenos característicos do territorio que comprende o Concello de Teo.
O desenvolvemento local trata de contribuír a dar unha resposta aos problemas de desemprego que padecemos neste momento e quere combatelos desde unha perspectiva local, de xeito que sexan os propios recursos do concello e da comarca os verdadeiros motores económicos e xeradores de emprego.
A recente reestruturación de certas consellarías da Xunta de Galicia fixo que as Axencias de Emprego e Desenvolvemento Local financiadas en parte pola Xunta de Galicia pasasen a depender da Consellaría de Traballo.