O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Parroquias

O Concello de Teo está formado por trece parroquias e ten no censo de poboacióin máis de 18.500 habitantes. Trátase dun dos Concellos máis dinámicos da Comarca de Santiago, na que está integrado. A súa evolución demográfica amosa un incremento nas últimas décadas nas que a poboación se concentrou nos núcleos máis urbanos, nos corredores de Cacheiras e Calo. Aínda así en Teo seguen a ter unha gran importancia tamén as parroquias máis rurais. Teo conta cunha gran riqueza de patrimonio natural, onde destaca a importancia dos seus restos arqueolóxicos, entre os que hai xa declarados varios BICs.