O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O TeoBus é a liña interna de transporte do Concello de Teo. Comezou a funcionar no ano 2017.
Durante o estado de alarma pola crise sanitaria do Covid-19 o TeoBus e o resto das operadoras que teñen servizos polo concello estableceron limitacións ás frecuencias. Podes consultar os horarios durante o estado de alarma premento aquí
Paradas
O autobús, rotulado como TeoBus Servizo de mobilidade municipal ten dúas rutas alternas, dunha hora total de traxecto, unha en sentido das agullas do reloxo e outra á inversa. Cada dúas horas, pois, repítese a ruta no mesmo sentido. O servizo funciona de luns a venres.
Ruta1: Percorrerá as seguintes zonas Ramallosa-Xulgado, Oza, Cacheiras, A Pedra, Solláns, Calo, Luou, Ramallosa-Xulgado). Saídas ás 07:20 horas; 09:20 horas; 11:20 horas; 13:20 horas; 15:20 horas; 17:20 horas e 19:20 horas.
Ruta2: (Ramallosa-Xulgado, Luou, Calo, Casalonga, As Galanas, Solláns, Cacheiras, Oza, Ramallosa-Xulgado). Saídas ás 08:20 horas; 10:20 horas; 12:20 horas; 14:20 horas; 16:20 horas; 18:20 horas e 20:20 horas.
Podes consultar a listaxe de paradas completas premendo aquí
Consulta aquí os horarios de cada parada
Canto custa o billete?
O billete normal, sen tarxeta do transporte metropolitano, custa 1,50 euros. coa tarxeta, que se pode mercar nas oficinas de Abanca, baixa a 0,85 euros. A tarxeta permite transbordos a outros servizos do transporte metropolitano. O primeiro transbordo é de balde.
Sobre o prezo do billete existen bonificacións municipais do 50% para maiores de 65 anos, persoas con discapacidade, estudantes ata os 25 anos e persoas desempregadas. A Xunta tamén ofrece gratuidade para os/as menores de 18 anos e condicións especiais para familias numerosas.