O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Educación e Apoio Familiar

Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF), que integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera

outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

Os seus obxectivos prioritarios son:

  1. Promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas, fomentando a educación en igualdade e a corresponsabilidade.

  2. Pór á disposición das familias participantes atención psicolóxica, así como alternativas, recursos e itinerarios socioeducativos en relación coas posibilidades do contorno.

  3. Favorecer a integración, promoción e participación das familias ou unidades de convivencia en todos os ámbitos da vida comunitaria.

  4. Previr e atender as situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familias ou unidades de convivencia, ou a algún dos seus membros, con especial atención aos menores de idade.

  5. Realizar o seguimento e a intervención nas familias en que se realizase derivación aos servizos sociais especializados de menores, de cara á súa reintegración social e familiar.

  6. Promover espazos de encontro de nais e pais enfocados á formación compartida e mellora da educación familiar.

Dende o SEAF coordínanse as actuacións que o Concello de Teo desenvolve para manter a súa credencial de Cidade Amiga da Infancia https://ciudadesamigas.org/ 

A Deputación Provincial da Coruña, a través do seu Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais, participa dos gastos de persoal deste servizo.

deputacion-coruna

apoio familiar

Contacto

educacionfamiliar@teo.gal
981809707

Ubicación

Rúa da Lagoa, nº 2. Lucí. 15883. Teo.
Lucí