O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Atención catastral

SERVIZO DE APOIO AS XESTIÓNS CATASTRAIS

O Concello de Teo presta dende hai anos un servizo de proximidade para a tramitación das modificacións catastrais de xeito que, persoal especializado neste tipo de xestións, atende unha vez á semana as persoas que o necesitan nas dependencias municipais. Este servizo evita desprazamentos á capital da provincia e facilita unha tramitación administrativa complexa.

Os traballos que se realizan son os seguintes:

  • Tramitación de expedientes de alteracións de orde física e económica (modelos 901N, 902N, 903N e 904N) no Catastro de Rústica e Urbana, sexa por alteración de propiedade, obra nova, rehabilitación, reforma, ampliación, agregación, segregación, demolición ou derrube, cambio de uso, etc

O traballo consiste na atención personalizada aos veciños e veciñas incluíndo: recepción e comprobación de documentación, busca de referencias catastrais, comprobación de superficies e localizacións, xeración de expedientes por cada parcela e traslado á Delegación de Economía e Facenda (Dirección Xeral de Catastro) na Coruña coa recepción de comprobantes.

  • Colaboración na tramitación dos recursos e reclamacións que a cidadanía presenta.

  • Seguimento dos expedientes e documentación entregados na xerencia do catastro ata a execución por parte de esta.


 

atención catastral

Contacto

Ubicación

Ramallosa 38
Teo

Arquivos descargables