O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CONVERSAS RUPESTRES SOBRE A ARTE RUPESTRE TEENSE

Data e hora

Localización
Antiga Escola de Nenas, Agoso, Oza
Como chegar

A campaña turística do verán #RedescubreTeo 2024 adicada ao TEO RUPESTRE E ROMÁNICO ten como punto de partida o faladoiro  Conversas Rupestres da man da Asociación Cultural Colectivo A Rula.

O día venres 5 de xullo ás 19.30 h estades todas e todos convidadas/os achegarse á antiga Escola de nenas de Agoso, Oza, para mergullarnos na Arte Rupestre teense, un valioso patrimonio que temos o deber e o orgullo de preservar, poñer en valor e interpretar. 

Por que é tan importante para nós? Que significado ten estes gravados?  Podemos poñerlle cara aos seus autores/autoras? Ven a descubrir o que se esconde detrás desas pedras...e outras moitas sorpresas...

 

 

Observacións
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE
Listaxe de agarda
Cartel das Conversas

Outros eventos por vir