O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ruta de sendeirismo do programa GOZA DO ULLA 2024 “Do Couto de Ximonde a Pontevea”.

Data e hora

Localización
Punto de encontro: Aparcadoiro Municipal de Pontevea, Reis Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
54
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Esta ruta lineal discorre pola marxe dereita do río Ulla aproveitando camiños de paso e sendas de pescadores (Rede Natura). Ten o seu inicio no Couto de Ximonde (Vedra) e o remate na ponte medieval de Pontevea-Reis (Teo).

No seu percorrido atopámonos con numerosos puntos de interese: Área de Recreo de Cubelas, contorno natural da Dorna, río Pereiro, devesa do Agromaior, Burga de Xermeade…

DIFICULTADE: Media

DISTANCIA: 10 kms aprox.

Observacións
RECOMENDACIÓNS
Cantimplora ou botella de auga.
Roupa e calzado cómodo adecuado para camiñar.
Gorra
Bloqueador solar
Gañas de pasalo ben!
Actividade suxeita ás previsións meteorolóxicas
Inscribirse
GOZA DO ULLA

Outros eventos por vir