O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

POLAS TERRAS DA RAÍÑA LUPA

Data e hora

Localización
PUNTO DE ENCONTRO: Casa Común de Francos, na Rúa de Francos, Calo, Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
1
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Percorrendo o Couto de Francos

A andaina circular (7 km) que percorrerá boa parte das antigas terras do Couto de Francos que pertenceu ó Condado dos Altamira, na actualidade linde natural dos Concellos de Teo, Brión, Rois e Ames.

Unha paisaxe mítica cunha perfecta harmonía entre o patrimonio natural, a arquitectura popular e os bens arqueolóxicos e etnográficos situados na contorna do Camiño Portugués e na bacía do Río Tinto. Lugares onde o lendario xacobeo deixou fonda pegada e marcou a historia do val da Maía, coa carballeira do Campo da Feira da Rúa de Francos (a Devesa dos Condes) como epicentro destas antigas terras da Raíña Lupa. O Castro Lupario ou de Francos, a medio camiño entre Iria e Compostela, o petróglifo do Faramello, o Camiño Real, a Ponte de Paradela, o Cruceiro Gótico da Rúa de Francos, os vestixios das primeiras industrias teenses, a arquitectura popular da Maía, son algúns dos puntos de interese desta ruta na véspera da Feira do San Martiño. 

Observacións
Apta para todos os públicos. Nivel de dificultade baixa.
Lembra levar roupa e calzados cómodos para camiñar.
Desexos de pasalo ben!!!
Actividade suxeita ás previsións meteorolóxicas.
Inscribirse
Raíña Lupa

Outros eventos por vir

Punto de encontro: carpa Institucional no recinto feiral na Carballeira de Francos
Rúa de Francos, Calo, Teo

OBRADOIRO DE CABALIÑOS DE PAU