O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Durante o mes de xaneiro celebraranse as eleccións a órganos colexiados das escolas infantís municipais.
No Consello Escolar elixiranse:
Na Comisión de Baremación:
O proceso comezará o día 9 de xaneiro coa exposición pública dos censos e as votacións terán lugar o 30 deste mesmo mes. Está prevista a convocatoria dos órganos renovados entre o 1 e o 10 de febreiro.
A exposición de censos farase nas escolas e a presentación de reclamacións así como a presentación de candidaturas deberá facerse no rexistro xeral do concello.
Consulta aquí o decreto de convocatoria das eleccións.
Calendario electoral
9 a 16 de xaneiro: período de exposición dos censos de electores nas EIM. Constitución da xunta electoral e proclamación por esta da composición das mesas electorais.
17 de xaneiro: censo definitivo.
17 a 20 de xaneiro: presentación de candidaturas.
23 de xaneiro: listado provisional de candidaturas.
23 e 24 de xaneiro: período de reclamacións do listado de candidaturas.
25 de xaneiro: publicación do listado definitivo de candidaturas.
26 e 27 de xaneiro: campaña electoral.
30 de xaneiro: votación.
31 de xaneiro: proclamación de candidatos/as electos/as.
1 a 10 de febreiro: convocatoria dos órganos renovados.