O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello abre un novo debate no Somos Teo para decidir cómo se accede ás actividades municipais

| compartir:

Cal é o xeito máis xusto de acceder ás actividades municipais cando o número de solicitudes é maior que o de prazas? Por sorteo entre as solicitudes ou por orde de inscrición? Agora a cidadanía de Teo poderá decidir directamente. A plataforma de participación cidadá Somos Teo xa ten aberto un novo debate no que se escollerá o xeito de acceso a actividades como campamentos, excursións, talleres... cando as prazas non cubran a demanda existente.

Segundo se explica no debate da plataforma hai veces que as previsións se desbordan e hai máis solicitudes ca prazas para unha actividade. Hai dous xeitos de decidir como se adxudican as prazas, ou ben o facemos segundo a orde de solicitude ou ben por sorteo. Calquera das dúas opcións ten vantaxas e inconvintes. Dende o Concello acordouse que as persoas usuarias poden valorar cal é o sistema que lle parece mellor. 

As persoas que precisen axuda técnica para votar poderán facelo na Aula de informática do Concello ou na Mediateca do Grilo. O espazo web Somos Teo ten a opción de participar en debates, con ou sen votación, ou enviar preguntas, queixas ou suxestións. Para darse de alta como usuario hai que estar empadroado en Teo e ter máis de dezaseis anos.

Debate para decidir o logo

Dentro da plataforma continúa aberto outro debate para a elección do logo do Concello. Este xa está nos últimos días para que a decisión sexa firme. Neste propuxéronse tres imaxes para que a cidadanía puidese escoller o logo que representará ao Concello de Teo. Neste momento o logo 1 ten 78 votos, o logo 2 ten 89 votos e o logo 3 5 votos. Esta votación péchase o 30 de xuño.

 

Elección acceso actividades municipais