O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Resultado comisión baremación escolas infantís. Febreiro 2023.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Publícanse as listaxes actualizadas de solicitudes admitidas e adxudicación de prazas nas EEIIMM. Febreiro 2023. 

Consulta aquí as listaxes

Descarga aquí o impreso de matrícula e aquí a folla de domiciliación da taxa

Información sobre as listaxes actualizadas no mes de febreiro.

1. Os expedientes están identificados do seguinte xeito:

1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/2 2 ou 23 (en función do ano de presentación da solicitude)

1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica do concello: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/2 2 ou 23 (en función do ano de presentación da solicitude)

1.3. No caso de presentación a través da sede electrónica da Xunta: RX últimos catro díxitos do número de rexistro/22 ou 23 (en función do ano de presentación da solicitude)

2. Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula no período indicado, de non ser así perderíase a praza.

3. O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios e no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís.

4. As persoas ás que se lles adxudicou praza disporán dun máximo de 15 días naturais para incorporarse ao centro dende a recepción do chamamento, previa formalización da matrícula.

5. As persoas que eran solicitantes de varios centros, e non conseguiron praza na súa opción preferente, aparecerán nas distintas listaxes indicando no seu caso se conseguen praza nunha opción non preferente. Non obstante unha vez confirmada unha adxudicación de praza nun centro, somentes poderán permanecer na listaxe de agarda dese mesmo centro en horario distinto ao concedido.

6. É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non esquezan cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.

7. A formalización da matrícula pode facerse:

7.1. Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula.

7.2. Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula.

8. O horario no que debe efectuarse a matrícula debe corresponderse co horario concedido nas listaxes definitivas. Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos: Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas). Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas). Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación: Almorzo: 7:30 a 9:00 horas, Xantar: 12:30 a 14:00 horas, Merenda: 17:30 a 18:30 horas. O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servicio.