O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

COLECTOR DE ESPASANDE-A ÍNSUA

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 21 de setembro de 2017 formalizouse o contrato para a realización da obra denominada “COLECTOR DE ESPASANDE – A ÍNSUA entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicouse no Perfil de Contratante o día 1 de febreiro de 2018.


ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 8 de setembro de 2017 adxudicouse o contrato para a execución da obra denominada "COLECTOR DE ESPASANDE – A ÍNSUA", incluída no Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016 da Deputación Provincial da Coruña, á empresa "OBRAS Y VIALES DE GALICIA, S.L. (OVIGA)" con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e á súa oferta polo prezo de 216.420,00 €, IVE engadido (178.859,50€, máis 37.560,50€ de IVE).


Fixouse o prazo de execución do contrato en 82 días, contados a partir da data de sinatura da acta de reformulo.

 

 

A Mesa de Contratación, por unanimidade, acorda reunirse o vindeiro mércores día 30 de agosto ás 12 h, co fin de analizar as xustificacións relativas a baixas desproporcionadas que, nos seu caso, se presenten.

Publicado no Perfil do contratante o día 28 de agosto de 2017.

 

A mesa de contratación acordou reunirse o próximo día 23 de agosto de 2017, fixando para as 09:00 horas do mesmo día a apertura dos sobres C "Proposición económica e documentación avaliable de forma automática" en acto de carácter público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil do contratante o día 18 de agosto de 2017.

Con data 11/08/2017 celebrouse a Mesa de Contratación para a apertura dos sobres A documentación das proposicións presentadas para a adxudicación, mediante procedemento aberto, tramitación urxente, con multiplicidade de criterios de valoración, da obra denominada Colector Espasande A Ínsua, incluída no PAI 2016.

De acordo co establecido na cláusula 15.1 do Prego de cláusulas administrativas, a Mesa acordou propoñer ao órgano de contratación a composición do Comité de Expertos por parte dos seguintes membros:

-           D. Alberto Iglesias Fungueiriño, Arquitecto do Concello de Riveira.
-           D. Diego Breiga Argomaniz, Arquitecto do Concello de Santiago.
-           D.    Miguel Fernández Solís, Enxeñeiro do Concello de Santiago.


Vista a Resolución da Alcaldía do 6 de xullo de 2017 (Res. 598) relativa á avocación da competencia, e en uso das facultades conferidas pola disposición adicional segunda do Texto Refundido da Lei de contratos do sector público,

En virtude do exposto e no uso das facultades que me confire o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Primeiro.-      Nomear como membros do Comité de Expertos, que deberán efectuar a valoración da documentación contida nos Sobres B “Referencias técnicas”, onde se conteñen os criterios non avaliables mediante fórmulas, a:

- D. Alberto Iglesias Fungueiriño, Arquitecto do Concello de Riveira.
- D. Diego Breiga Argomaniz, Arquitecto do Concello de Santiago.
- D. Miguel Fernández Solís, Enxeñeiro do Concello de Santiago.

Segundo.- Publicar a presente resolución no Perfil do contratante do Concello de Teo e notificar a presente aos interesados, con sinalamento dos recursos procedentes.

Terceiro.- Dar conta da presente resolución ao Pleno da Corporación, na primeira sesión ordinaria que se celebre.

Publicado en teo.gal o 16 de agosto de 2017

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de acordo coa Resolución da Alcaldía de data 6 de xullo de 2017 pola que se aproba o expediente de contratación, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:

Presidente: O alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.

Vogais:

-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.

-Mónica Lado Varela, interventora do Concello.

-Ignacio Soto González, arquitecto municipal do Concello.

-Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

-Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal Mixto.

Secretaria:

Sandra García Chenlo, adxunta a secretaría do concello.

No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos polos suplentes que se indican: o presidente polo membro da corporación que legalmente o substitúa; a secretaria xeral e a interventora do concello polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por D. Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, oarquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal D. Luis Javier Castro Martínez e a secretaria da mesa, pola administrativa adscrita ao departamento de secretaría, M.ª Elena Méndez Buela

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 11 de agosto, ás 09:00 horas nas dependencias municipais.

A apertura do sobre B “Referencias técnicas” efectuarase o día 16 de agosto, ás 09:00 horas en acto público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil do Contratante o día 2 de agosto de 2017

 

 

Detectado un erro no apartado "Clasificación a efectos de acreditación da solvencia", onde di "Grupo C subgrupo E categoría 1", debe dicir "Grupo C subgrupo 1 Categoría E".

A presente correción de erro material non afecta ao prazo de presentación de proposicións.

Publicado en Perfil de Contratante o día 14 de xullo de 2017 e no BOP nº 134 do 17 de xullo de 2017.

 

En data 6 de xullo de 2017 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, tramitación urxente, con multiplicidade de criterios de valoración, da obra denominada “COLECTOR DE ESPASANDE-A ÍNSUA, Expediente núm. O-4/17, incluida no Plan de aforro e investimento PAI 2016 da Deputación Provincial da Coruña, de acordo co seguinte cadro de características:

 

Entidade adxudicadora: Concello de Teo

 

Obxecto do contrato: COLECTOR DE ESPASANDE-A ÍNSUA

 

Expediente: O-4/17

 

Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, tramitación urxente, con multiplicidade de criterios de valoración

Orzamento: 315.346,10€ (260.616,61€ de base impoñible e 54.729,49€ de IVE)

 

Valor estimado do contrato: 312.739,93€

 

Clasificación: non se esixe

 

Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo C subgrupo E categoría 1

 

Garantía provisional: non se esixe

 

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluido)

 

Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 600€

 

Prazo de execución: 5 meses

 

Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

 

Presentación de proposicións: no Rexistro Xeral do Concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

 

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883  Teo   Teléfono: 981 815700, Fax: 981 809401

 

Teo, 6 de xullo de 2017

O alcalde,

 

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicouse no BOP nº 131, do 12 de xullo de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día.

Arquivos