O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Os concellos, no ámbito do seu territorio, teñen a capacidade para escoller dous días festivos mediante un acordo do Pleno municipal. Para facer a proposta que, previsiblemente, se levará a aprobación no Pleno de setembro, o Goberno municipal quere coñecer a preferencia da poboación de Teo sobre cales serían as datas idóneas.
Para realizar a votación ábrese un prazo entre o 1 de agosto e o 15 de setembro na Plataforma de Participación Cidadá https://somos.teo.gal.
Desde a plataforma realízanse cinco propostas, das que a cidadanía pode votar por dúas. As dúas máis votadas serán a proposta que o grupo de goberno levará ao Pleno para a súa aprobación no ano 2018. O San Martiño, día tradicionalmente festivo a nivel local, cae en domingo, polo que esta opción non está entre as posibilidades.
Aquelas persoas que precisen axuda técnica para votar poderán facelo na Aula de Informática do Concello e na Mediateca do Grilo.