O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O sábado 5 de Agosto terá lugar o VIII Triangular Praíña Sp. C. de Teo no Campo Municipal de Reis, no cal colabora o Concello de Teo.
Nesta edición os equipos participantes serán o CCD Cerceda, que milita no grupo I de 2ª división B, a SD Compostela e o Céltiga F.C. da Illa de Arouca, ambos equipos do grupo galego da Terceira división.
Estes tres históricos do noso fútbol disputarán o Trofeo nun formato Triangular (3x1). O primeiro encontro comezará ás 18.30 h e enfrontará ós compestalanistas cos da Illa.
Ás 19.30 h medirán as súas forzas Céltiga F.C. e CCD Cerceda.
O último encontro será o disputado entre o CCD Cerceda e o Compos ás 20.30 h.
Ó remate haberá entrega de Trofeos.
Este Torneo ten ademáis un carácter benéfico achegando, dende xa hai 6 edicións, o 10% da recadación da taquilla a ASPAMITE, Asociación de País de Minúsválidos de Teo.
Nestas seis edicións do torneo, o Praíña doou a ASPANITE a cantidade de 1040 €, un acto do que se senten “moi orgullosos” desde o Club.