O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Inicia o prazo para solicitar os pavillóns deportivos municipais

| compartir:

O Departamento de Deportes informa da apertura do prazo para que as entidades locais interesadas poidan solicitar o uso dos pavillóns municipais dos Tilos, Calo e A Ramallosa para realizar actividades deportivas durante o período comprendido entre o 1 de outubro de 2017 e o 31 de xuño de 2018. As entidades interesadas terán de prazo ata o 31 de agosto para entregar a ficha de solicitude, debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do Concello

Así mesmo, as persoas interesadas en facer uso dos pavillóns polideportivos dos Tilos, Calo e A Ramallosa durante o período comprendido entre o 16 de outubro de 2017 e o 18 de xuño de 2018, tamén poden presentar o modelo oficial de solicitude,  debidamente cuberto, no Rexistro de Entrada do Concello de Teo  ata o día 6 de outubro de 2017 e o día 9 de outubro, ás 20.30 horas realizarase un sorteo na Casa do Concello para cadrar as solicitudes nos módulos horarios dispoñibles.

O horario do Rexistro Xeral do Concello, no cal hai que realizar estes trámites, é de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas e os sábados entre as 09:00 e as 13:00 horas. Pódese solicitar máis información no Departamento de Deportes do Concello ou chamando ao teléfono do Concello 981 815 700. 

Pavillón

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Fichasolicitudeusopavillons-1.pdf 62.86 KB