O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Solicitude de praza nas escolas infantís municipais 23/24

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

LISTAXES DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

Consulta as listaxes definitivas de solicitudes admitidas nas EIMs premendo aquí

Información sobre as listaxes. 

  1. Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados do seguinte xeito: 1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/23 1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/23
  2. Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula DO DÍA 1 AO 15 DE XUÑO, AMBOS INCLUÍDOS, de non ser así perderíase a praza.
  3. O impreso de matrícula está á súa disposición premendo aquí, nos servizos sociais comunitarios, no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís.
  4. Todas as persoas que se matriculen deben achegar: ➔ Declaración da renda do ano 2022 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible. ➔ Xustificación documental de que a crianza se atopa ao día no seguimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación. ➔ No caso de aquelas crianzas que figuran como pendentes de nacemento, deberán achegar tamén a xustificación documental de que a crianza naceu antes do 1 de xuño. ➔ Domiciliación bancaria selada pola entidade ou acompañada de documentación xustificativa da titularidade.
  5. É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non deben esquecer cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.
  6. A formalización da matrícula pode facerse: ➔ Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula, xunto coa declaración da renda e o libro de vacinación. ➔ Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula, a declaración da renda e o libro de vacinación.
  7. Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos: ➔ Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas). ➔ Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas). ➔ Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación:  Almorzo: 7:30 a 9:00 horas; Xantar: 12:30 a 14:00 horas; Merenda: 17:30 a 18:30 horas. O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.

Publicado en teo.gal o 31 de maio de 2023. 

INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS. CURSO 2023/24

Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas nas escolas infantís municipais. 

Consulta as listaxes premendo aquí

  1. Os expedientes están identificados do seguinte xeito: a) No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/23 b) No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/23
  2. Recorde que estas listaxes son provisionais, polo que a adxudicación de praza ou a concesión de posto na listaxe de agarda pode variar respecto da listaxe definitiva.
  3. O carácter provisional destas listaxes outorga a posibilidade de que presente RECLAMACIÓNS cando aprecie incorreccións nalgún dos datos da súa solicitude ou se producira un erro de omisión. Estas reclamacións deberán presentarse no rexistro xeral ou ben na sede electrónica do concello ATA O 25 DE MAIO (ESTE INCLUÍDO) a través de instancia que se acompañe de xustificación documental suficiente.
  4. Esta administración tamén poderá promover de oficio a emenda de erros que se aprecien durante o período de reclamacións.
  5. Se quere consultar o seu expediente debe dirixirse aos servizos sociais comunitarios de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ao teléfono 881 819 356.
  6. Recoméndaselle a todas aquelas persoas que atopen algunha anotación xunto aos seus datos que lle cause dúbida, que consulten nos servizos sociais comunitarios as causas que a motivan.
  7. Lembre que só unha vez que se publiquen as listaxes definitivas se procederá á apertura do prazo de matrícula para todas aquelas persoas que conseguen praza nalgunha das escolas municipais. Este prazo de matrícula desenvolverase entre o 1 e o 15 de xuño (ambos incluídos).

Publicado en teo.gal o 15 de maio de 2023.

Teo conta con tres escolas infantís municipais, en Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Son centros xestionados directamente dende o Concello ao ser servizos municipalizados dende o curso 2018/19. No mes de marzo ábrese o proceso de admisión para o novo curso 2023/24 que comeza en setembro. 

Renovación

Entre o 1 e o 15 de marzo abre o prazo para renovar praza para os/as nenos/as que xa están asistindo a algunha das escolas e cuxos membros da unidade familiar se atopen empadroados no Concello. Os impresos para renovar entregaranse nas escolas ou podes descargalo premendo aquí e deben presentarse por rexistro dentro do prazo sinalado.

Novas solicitudes

Entre o 16 e o 31 de marzo ábrese o prazo para as crianzas que non estean asistindo a ningunha das escolas, xa nados ou cuxa data prevista de parto sexa anterior ao 1 de xuño. Os impresos de solicitude poden recollerse nas escolas, nos servizos sociais ou descargar premendo aquí

Reunión informativa

O 15 de marzo ás 19:00 horas no Salón de plenos convócase unha xuntanza dirixida ás persoas que fagan a solicitude por primeira vez para dar información do proceso de acceso, do funcionamento das escolas ou solventar dúbidas.

Podes consultar aquí as táboas informativas cos prezos para o vindeiro curso escolar. A atención educativa deste servizo está bonificada ao 100%. O servizo de comidas págase cun baremo que ten en conta a renda familiar. 

Tamén podes consultar aquí o baremos de puntos para o acceso ás escolas. 

Para calquera información poden chamar ao teléfono 881819356, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, ou no enderezo electrónico eimteo@teo.gal