O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Publícanse as listaxes de participantes nas actividades de clausura do Picoteo

| compartir:

A feira do San Martiño conta este ano cun atractivo máis, a clausura das xornadas enogastronómicas PicoTeo. O sábado, na carpa municipal que estará na carballeira de Francos, realizarase un evento relacionado coa degustación de produtos galegos de calidade. Haberá unha cata de queixos das catro DOs galegas, unha cata comentada dos viños das cinco DOs galegas, unha demostración de cociña ao vivo e degustación de pratos elaborados con produtos das DOs e un obradoiro de elaboración de pan.

Podedes consultar aquí as listaxes das persoas anotadas para as diferentes actividades.

Listado cociña ao vivo

Listado cata de queixos

Listado cata de viños

Listado obradoiro de pan

Na cata de queixos e de viños aínda quedan algunhas prazas. As persoas interesadas en anotarse aínda poden chamar ao Concello (981.815.700) e anotarse. Concretamente quedan 10 prazas na cata de queixos, 5 na cata de viños e 27 para o obradoiro de pan. As persoas que van ao obradoiro de pan deben levar un tupper e un bol.

Xa pola tarde, ás 18:00 horas farase o sorteo dos premios aos participantes nas xornadas Picoteo que se estiveron celebrando nos locais da hostalaría do Concello dende o 20 de outubro.

Dende a organización indícase que os/as asistentes deben estar un cuarto de hora antes do inicio do evento para recoller a credencial no Punto de Información Turística habilitado a carón do Cruceiro de Francos. Solicítase puntualidade xa que en caso de non recoller a credencial poderase facer uso da praza.

San Martiño

Arquivos descargables