O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Titiriberia. Mesa redonda Títeres. O patrimonio esquecido.

O xoves 9 ás 20:00 horas realízase unha mesa redonda sobre Títeres. O patrimonio esquecido dirixida a un público maior de 16 anos. Será na Mediateca do Grilo e participan no encontro Felipe Garduño, responsable de patrimonio na delegación estatal da Unión Internacional de Marionetistas; a historiadora da arte e dinamizadora cultural Sabela Pato, a especialista en xestión do patrimonio da Universidade da Coruña Elvira Lezcano, Santiago Veloso, coordinador de "Ponte...nas ondas" e Pablo Sanmartín, responsable do arquivo municipal do Concello de Teo.

Esta actividade pertende a Titiriberia. Podes consultar toda a programación do festival premendo aquí

titiriberia
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento