O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
DIVERTEO XUÑO
DIVERTEO XULLO
DIVERTEO AGOSTO. Farase só cun mínimo de 15 participantes e no colexio da Ramallosa.
IMPORTANTE: no caso de non realizar a inscrición e o pagamento no tempo e na forma establecidos, a reserva de praza non será efectiva.
PARTICIPANTES: Crianzas escolarizadas nos CEIP e CRA entre 3 e 12 anos, preferencia para empadroadas en Teo.
LUGAR: CEIP de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O Diverteo de agosto farase unicamente no colexio da Ramallosa.
HORARIOS: • Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas • Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas.
PREZOS DIARIOS:
Cada programa págase completo, NON por días soltos.
DOCUMENTACIÓN:
EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS: As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021).
IDENTIFICACIÓN DOS PARTICIPANTES NAS LISTAXES:
• No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/23
• No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/23
PAGAMENTO: Remitirase polo Concello, a través de correo electrónico, o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello. En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente) da dita Entidade. Así mesmo, pode realizar o pago da mesma a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.
Publicado en teo.gal o 5 de maio de 2023.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Información xeral diverteo veran 2023.pdf | 100.23 KB |
FICHA INSCRICION DIVERTEO verán 2023.pdf | 148.48 KB |