O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
* A área de Educación do Concello de Teo é a encargada dos contactos cos distintos centros de ensino do municipio para o desenvolvemento de programas e actividades específicas.
Dende a Concellería de Educación preténdese fomentar o desenvolvemento integral da personalidade da infancia nos ámbitos social, intelectual e afectivo, co fin de propiciar os valores da solidariedade, da democracia e da convivencia respectuosa sen discriminación nin violencia, mediante dinámicas lúdicas e formativas que estimulen o interese polo coñecemento.
* A área de Igualdade ten como obxectivo mobilizar a sociedade de Teo cara actitudes que garantan a igualdade nos dereitos e no trato entre homes e mulleres, e ao mesmo tempo que sexan o mellor recurso contra a violencia contra das mulleres e conseguir un Teo libre de violencias
Recursos: CIM, Plan de Igualdade, campañas de fomento da igualdade.
* A Concellaría de Lingua ten como obxectivo a normalización da lingua galega tanto a nivel institucional como da poboación do Concello: persoas, entidades asociativas ou empresariais.
Garantir a calidade lingüística no uso interno a través da documentación escrita, a competencia do persoal e a permanente detección de necesidades para a mellora, como un modelo que queremos que a sociedade teense teña como referente.
Para acceder ao Servizo de normalización lingüística, dependente desta área, preme aquí. Nese espazo da web poderás informarte dalgúns dos programas que temos en marcha dende Lingua.
Concelleira e membro da Xunta de Goberno Local que xestiona as áreas de Educación, Muller, Igualdade e Diversidade.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Declaración concell. entrante 2023 María Vázquez Rey.pdf | 522.53 KB |
Declaración saínte concell. María Vázquez Rey 2023.pdf | 530.74 KB |
2019-Declaración_de_bens-María_Vázquez_Rey.pdf | 605.11 KB |