O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As súas áreas propias serán: secretaría municipal, asuntos protocolarios, relacións institucionais, relación coas comunidades residentes no exterior, promoción do Concello, persoal, ordenación urbanística e expropiacións.
* Economía e Facenda son áreas de xestión primordiais nos que se debe seguir avanzando nunha corresponsabilidade fiscal máis xusta. Dende ese goberno queremos seguir no camino da mellora dos parámetros e na búsqueda do equilibrio económico sen esquecer que a boa saúde económica debe servir para manter e incrementar os servizos á cidadanía.
* A esta Concellería tamén lle corresponde a xestión informática do Concello, a implantación das novas tecnoloxías e a dinamización tecnolóxica.
Lucía Calvo de La Uz (1974).
Graduada en Ciencia Política e da Administración.
A súa experiencia laboral discorreu fundamentalmente na Administración Pública, aínda que tamén conta con experiencia laboral na empresa privada. Traballou no Gabinete da Presidencia da Xunta de Galicia (1995-2005), pasando a xestión da empresa privada (2006-2009), en 2009 volve a función pública, concretamente ao Gabinete da Presidencia do Parlamento de Galicia (2009-2023).
En 2019 foi concelleira electa polo grupo municipal do Partido Popular de Teo. En 2021 foi vicepresidenta do Comité organizador do Congreso Autonómico do Partido Popular de Galicia en Pontevedra, é membro da directiva provincial e da executiva do Partido Popular da Coruña. En 2023 foi elixida alcaldesa de Teo. Vogal do Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria.
A alcaldesa xestiona directamente as áreas de Facenda, Urbanismo, Persoal, Novas Tecnoloxías e Policía Local.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Declaración alcaldesa entrante 2023 Lucía Calvo de la Uz.pdf | 577.43 KB |
Declaración saínte concell. Lucía Calvo de la Uz 2023.pdf | 578.92 KB |
2019-Declaración_de_bens-Lucía_Calvo_de_la_Uz_0.pdf | 572.35 KB |