O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Reunión informativa sobre a nova delimitación das estradas autonómicas

O día 9 de xaneiro ás 20.30 na Casa Común de Oza, a oficina de Urbanismo do Concello de Teo convoca unha xuntanza informativa coa veciñanza de Teo sobre a delimitación de treitos urbanos de solo de núcleo rural na rede de estradas da Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia ten aberto o período de exposición pública dun estudo que cambia as liñas de edificación en determinados núcleos teenses.

Os núcleos afectados por esta nova delimitación que pretende impoñer a Xunta de Galicia en Teo son: Cobas (AC-537); Penelas e Tras do Eixo (AG-58 e AG-59); A Devesa, A Torre, Castres, O Piro, Chaves e Lucí (AG-59), A Florida, Chao do Río e A Igrexa de Reis (AC-841 e AC-242); Valiñas (AC-242); e Vilar de Teo, Xermeade, Fontelo e Vilachaíño (AC-241). A nova delimitación supón modificar o planeamento que afecta a estas parcelas, ao cambiar as aliñacións de edificacións e peche das parcelas.

Na xuntanza preténdese manter informada á veciñanza sobre estas modificacións proxectadas pola Xunta, a posibilidade de alegacións, así como outras dúbidas que poidan xurdir sobre o tema en cuestión, para o que se contará coa presenza de técnicos da Oficina municipal de Urbanismo.

Estrada
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento