O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de editar o número de febreiro do Informateo, a publicación gratuíta municipal que se envía todos os meses aos domicilios. Neste número destácase a formalización do contrato de renovación do alumeado que se formalizou este mércores 31 de xaneiro e que permitirá a renovación de 6.189 lumiarias. Estes traballos, que se executarán nos próximos meses, permitirán acadar un aforro anual de máis de 300.000 euros na factura do alumeado. O contrato fíxose por un importe de 2.671.536 euros e financiarase a través dun préstamo do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE).
No Informateo de febreiro tamén se informa das datas do entroido nas parroquias de Reis, Cacheiras, Teo e Bamonde que ocuparán case todas as fins de semana de febreiro cun importante ambiente festeiro.
Outro asunto destacado da publicación é o anuncio da próxima convocatoria por parte do Concello de seis vacantes de persoal: un ténico/a de recursos humanos; un bibliotecario/a; un técnico/a informático; un traballador/a social, un/ha tractorista e un/ha conserxe-enterrador. Está previsto que nas vindeiras semanas se publiquen no BOP e na web municipal as bases xerais e específicas destas convocatorias, nas que se dará conta dos requisitos e temarios concretos para cada unha das prazas.
Na publicación do Concello tamén podedes atopar a axenda mensual así como información sobre as demandas de melloras nos colexios, as actividades previstas para o día de Rosalía, información sobre as alegacións á delimitación de estradas propostas pola Xunta ou as normas para solictar casas comúns e carpas municipais.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
InformaTeo_Febreiro2018_web.pdf | 442.45 KB |