O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A terceira sesión da Escola das Familias do Concello de Teo, que terá lugar na Casa Común de Oza o venres 23 de febreiro (20:00 horas) terá como tema principal a prevención do fracaso escolar. O encargado de impartila será Carlos Vila Lago, doutor en psicoloxía, terapeuta familiar, mediador familiar e profesor asociado da USC. O poñente explicará o papel que deben ter as familias na consecución do éxito escolar. Abordará aspectos como as boas relacións co centro e co profesorado, a promoción do éxito escolar desde a casa, as técnicas de estudo ou as dificultades habituais que se producen á hora de estudar. A participación nesta sesión é libre e de balde, sen anotación previa. Contará con servizo de conciliación.