O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Pleno municipal, na sesión ordinaria do 4 de abril de 2018, acordou aprobar inicialmente a Ordenanza municipal reguladora das prestacións municipais de emerxencia social do Concello de Teo, e sometela a información pública.
De acordo co exposto e para dar cumprimento ao previsto nos artigos 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sométese o expediente a información pública mediante anuncio no BOP, no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, durante o prazo de 30 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de A Coruña, co obxecto de que toda persoa interesada poida formular as reclamacións que estime oportunas, podendo ser consultado o expediente na Secretaría do concello.
O anuncio no BOP publicouse o 12 de abril de 2018 polo que o prazo de exposición pública remata o 30 de maio.
Consulta aquí o texto da ordenanza
No suposto de que non se formulen reclamacións durante a exposición pública, quedará aprobada definitivamente a Ordenanza citada.
Teo, 9 de abril de 2018
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Adjunto | Tamaño |
---|---|
anuncioexposicionpublicaordenzaemerxencias.pdf | 58.75 KB |
Ordenanzaemerxenciassociais.pdf | 676.77 KB |