O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno votará a solicitude de cesión da AC-841

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 25 de abril nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Un dos puntos centrais do pleno será o inicio de expediente de solicitude de cesión da AC-841. Na proposta da alcaldía explícase que esta estrada, en gran parte do seu trazado, ten a consideración de vía urbana e ademais conta cunha vía alternativa dende a construción da Autovía Santiago-A Ramallosa. Deste xeito danse as circunstancias para poder facer a solicitude. Dende o goberno municipal destácase que a titular da vía neste momento, a Xunta de Galicia, mantén unha concepción da AC-841 de vía de alta capacidade mentras que a nivel municipal se entende que se debe camiñar cara unha vía urbana na que prime a seguridade viaria. 

O pleno tamén votará unha moción do BNG sobre esta mesma vía e a seguriade viaria, concretamente na zona do CEIP da Ramallosa. Neste caso pídese que a Xunta faga unha limitación de velocidade na zona e un cambio nun paso de peóns.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Aprobación da acta da sesión do 04.04.2018
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 285/18 á 345/18)
  3. Dar conta dos resultados da liquidación do exercicio 2017
  4. Ditame da proposta da alcaldía de inicio de expediente de solicitude de cesión da AC-841.
  5. Proposición da alcaldía de modificación do acordo de aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+ 2018" e aprobación do proxecto modificado da obra de "Climatización do auditorio do CSC da Ramallosa".
  6. Ditame da moción do grupo mixto sobre seguridade viaria na AC-841 á beira do CEIP Ramallosa.
  7. Mocións.
  8. Rogos e preguntas.
cesión ac-841