O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
PROPOSTA DE ALCALDÍA DE CONCESIÓN DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE ESCOLAR 2023-2024
Publícase a listaxe de axudas aprobadas por unanimidade dos membros presentes na Xunta de Goberno Local e por delegación da Alcaldía.
PRAZO DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DE SOLICITUDES DAS AXUDAS DE ENSINO E TRANSPORTE ESCOLAR 2023-2024
Publícase a listaxe de solicitudes de axudas de ensino e transporte que precisan emendar documentación.
Consulta aquí a listaxe completa para ver se a túa solicitude é algunha das que debe completar a documentación achegada.
Examinadas as solicitudes presentadas pola comisión avaliadora de acordo co previsto nas bases da convocatoria publicada no B.O.P. N.º 193 de data 9 de outubro de 2023 e vista a base oitava, ábrese un prazo de 10 día hábiles, que abarcará dende o día 19/01/2024 ao 01/02/2024, ambos inclusive, para que os representantes legais do alumnado (pais, nais ou titores) ou ben o alumnado solicitante maior de 18 anos, subsanen ou acheguen a documentación sinalada na seguinte táboa. Así mesmo, advírtese de que se non presentan a documentación no prazo mencionado, considerarase que desisten da súa petición, de conformidade co que dispón o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Publicado en teo.gal o 18 de xaneiro de 2024
A partir de mañá, martes 10 de outubro, poderanse solicitar as bolsas de estudo para os gastos de material escolar (poden incluirse como material escolar, instrumentos musicais solicitados polos centros), libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos.
Así mesmo, o alumnado cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de ensino de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.
Os interesados teñen ata o vindeiro 8 de novembro, incluido, para presentar as solicitudes no Rexistro do Concello de Teo ou ben a través da Sede Electrónica do Concello.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
2023_0000007913_0.pdf | 156.63 KB |
ANEXOS AXUDAS TRANSPORTE E MATERIAL ESCOLAR 23-24_0.pdf | 109.67 KB |
ANUNCIO SUBSANACIÓN DOCUMENTACIÓN_0.pdf | 103.65 KB |
ACORDO XGL 15-04-2024- CONCESIÓN AXUDAS ENSINO E TRANSPORTE 2023-2024.pdf | 1023.44 KB |