O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende o Concello o equipo de goberno acordou convocar unha xuntanza informativa sobre o proxecto presentado pola empresa Toysal para instalar unha planta de reciclaxe de residuos na Casalonga. A asemblea será o martes 15 de maio ás 20:30 horas na Casa Común de Francos.
A intención da compañía é instalar unha planta para procesar lodos de depuradoras e cetáreas, residuos animais e outros. Estaría situada na antiga canteira de Carballal, na Casalonga.
No encontro, o grupo de goberno de Teo ofrecerá a información coa que conta deste proxecto e explicará as competencias municipais no relativo aos procedementos de tramitación das licenzas e permisos necesarios.