O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Contacontos en lingua de signos e narración oral no Auditorio Constante Liste

Este venres día 25 de maio poderemos desfrutar no Auditorio Constante Liste da Ramallosa do espectáculo medio camiño entre o teatro e a narración oral : "Unhas gafas coma as do avó"a cargo de Gemma Santos Díaz e Felipe Díaz (Caxoto). Enmárcase nas actividades de Cultura no Camiño programadas dende o departamento de Cultura e Educación  e coordinadas por Turismo de Galicia e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través de Agadic.

Será ás 19:00 horas e a entrada é de balde ata completar aforo.

Unhas gafas como as do avó no Auditorio Constante Liste
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia