O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello solicita unha entrevista co delegado do Goberno para falar da N-550

| compartir:

O Concello vén de solicitar unha entrevista institucional co novo Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. Nesta xuntanza o alcalde, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, queren falar principalmente da realidade da N-550 unha estrada estatal que depende de Fomento e que cruza parte do Concello.

Nos últimos días tense falado moito de numerosas demandas e iniciativas para evitar o tráfico pesado nesa vía na zona do  Milladoiro, no seu límite co termo municipal de Teo. Entendendo a problemática do Milladoiro co tráfico pesado dende Teo quérese manter un contacto fluído e permanente co titular desta vía para que calquera acción que se queira impulsar conte coas consecuencias que pode ter en Teo. "Calquera actuación en Teo ou que lle afecte dalgún xeito áo polígono comercial situado en Reborido debe contar con nós" indica a concelleira de Urbanismo.

Compromiso coa rotonda do Espiño

Na xuntanza con Losada tamén se quere valorar como está a obra comprometida hai uns meses por parte de Fomento para construír unha rotonda no Espiño, tamén na N-550. Trátase dunha vella reivindicación da veciñanza da zona e do goberno municipal de Teo xa que o cruce do Espiño, que dá acceso á zona da carballeira de Francos, ten neste momento un cruce cunha raqueta con evidentes riscos para a seguridade viaria, sobre todo para os peóns. Nunha reunión en marzo "Demarcación de Carreteras informou da intención de licitar esta obra este ano por 240.000 euros e dende o Concello queremos saber como avanzan os traballosa administrativos para que sexa unha realidade o antes posible" indica Uxía Lemus.

rotonda espiño