O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O luns 20 de agosto ás doce da mañá na Casa do Concello de TEo ( A Coruña) terá lugar o acto de homenaxe a Avelino Pousa Antelo no VI aniversario do seu pasamento.
Actos:
1. No Salón de Plenos da Casa do Concello de Teo:
- benvida institucional do Concello de Teo
- saúda a cargo de Alfonso Blanco Torrado, presidente da irmandade avelino pousa antelo
- lectura da acta de concesión do VII caxato Avelino Pousa Antelo
- laudatio a cargo de Xosé Lastra Muruais
- recitado poético Xoán X. Abella
- entrega por parte de Mónica e de Miro Casabella do VII caxato de Avelino Pousa Antelo (autoría de Xosé Valdi) ao profesor Antón Costa Rico
- palabras do profesor Antón Costa
- intervención da familia Pousa
- intervencións musicais do gaiteiro nubeiro Raúl Galego.
2. No paseo Avelino Pousa na urbanización Os Verxeis:
- intervención de Baldomero Iglesias (Mero) no nome da irmandade Avelino Pousa
- ofrenda floral
- intervención da familia Pousa
- peche do acto a cargo da representación do Concello de Teo.